relieve

ROTULACIÓNS ESPECIAIS

En RM Print Galicia poñemos toda a nosa creatividade e capacidade de traballo para levar a cabo este tipo de rontulacións que, ben pola dificultade que supón ou ben por ser pouco habitual e laboriosa, outras empresas non realizan ou non queren realizar. Son proxectos especiais que requiren minuciosidade e mans expertas. Xa sexa forrar o interior dun vehículo, dun electrodoméstico, dun moble, dunha bicicleta, non importa, facémolo nós. Contamos cun amplo catálogo de materiais con diferentes texturas, con distintos efectos de cor, imitación de metais, madeira, etc.