relieve

ROTULACIÓN INTERIOR

Se buscamos darlle un toque diferenciador ao noso negocio, a rotulación pode ser a forma máis rápida e eficaz de atraer a atención dos nosos clientes. Xa sexan campañas promocionais, slogans de empresas ou calquera motivo estético, todos eles axudaranos a que o noso produto sexa moito máis atractivo. En RM Print Galicia temos en conta todas as posibles aplicacións da rotulación interior, xa sexan de sinalización informativa e preventiva (todos os locais deberán contar con determinados lugares específicos sinalados, así como paneis informativos, menús, zonas perigosas dende as que deben os nosos traballadores e visitantes estar alerta…), A sinalización de seguridade (todo o relacionado cunha posible emerxencia, sempre cumprindo os requisitos establecidos pola lei) e por suposto a rotulación de imaxe corporativa ou comercial. En RM Print Galicia temos unha gran variedade de opcións para a decoración de interiores da túa casa, local comercial, industria ou negocio. Ofrecemos múltiples posibilidades de personalización de paredes, mobles, portas, escaparates, ascensores, sinalización, etc.