relieve

TÉXTIL

O mundo da personalización téxtil é moi amplo e en RM Print Galicia temos unha solución para cada necesidade. Dispoñemos de tecnoloxía de impresión directa sobre prendas, que nos permite producir impresión de gran calidade dende unha única unidade, ideal para imprimir fotografías ou deseños con alto contido en cor en camisetas, bodys, bolsas de tea, etc… Cando o traballo o require, a serigrafía é outra das técnicas máis empregadas, sobre todo cando se trata de abaratar custos unitarios. O vinilo téxtil permítenos confeccionar prendas con diferentes efectos, acabados e texturas.